Bienvenido al blog de Miranda Moda.

Cadena de tiendas de moda en Valdeorras que apuesta por la máxima calidad y la moda de vanguardia.

Las mejores marcas del mercado, al alcance de los valdeorreses. Con el trato y las ventajas de comprar en confianza.

Quieres visitar la web oficial?

NUEVA EXPOSICIÓN EN MIRANDA X



PRESENTAMOS: A nena e o grilo

LIBRO-CD_ESCRITURA_DEBUXO_MÚSICA

Estas cancións aloumiñan os oídos, pero tamén contan historias. Falan dun país onde as portas sempre están abertas e ninguén se sente estranxeiro. Alí viven unha nena azul e mais un grilo que, para escapar do aburrimento, inventan mil pasatempos.

A nena e o grilo é o resultado do labor conxunto de moitas persoas que cren que calquera traballo para os nenos e nenas debe ser tratado con esmero e coidado tanto no apartado das imaxes, coma no musical, os arranxos na produción e na interpretación.Este proxecto está pensado para conectar a escola coa vida e adoptar unha actitude crítica e construtiva a prol de valores básicos.

Dun xeito sinxelo, delicado e sutil, a historia de amizade entre a nena e o grilo descobre dimensións determinantes da existencia e abre horizontes positivos e ilusionados, na construción de nós mesmos e a sociedade.


Estamos ante unha obra ambiciosa e cosmopolita que invita a ter fe na vida e nos outros a través dunhas cancións que reparten aloumiños a eito e amosan un mundo inconformista nas letras e unha concepción musical orixinal e esixente para nenos e nenas de todas as idades.En conclusión, un chisquiño de mel neste mundo egoísta e feroz que habitamos. Para fuxir do frío e sentirse moradores no verdadeiro País das Apertas porque as cancións de Magín Blanco son, tanto pola melodía como pola letra, para degustar en familia, nas festas, entre amigos.


E lembra se tes algo que mostrar; debuxos, pintura, poesía, música... Miranda ten o lugar á túa disposición, contacta con nós.